Equipos  Interclubs 2018  Edicións

















Grazas a gran afición que hai na zona o Club Tenis Muimenta pode contar cada ano con varios equipos, normalmente tanto masculino como feminino e incluso categorías infantís, inscritos no Campionato Galego Interclubes.

O club xa leva moitos anos participando en Interclubes, exactamente dende o ano 1992 onde comezamos a andadura na 3ª categoría, ata chegar ao día de hoxe de maneira inenterrumpjda. 

No Campionato Galego Interclubes 2010 o Muimenta consigue un fito histórico, o primeiro ascenso do clube en toda a súa historia, volvendo a 4ª categoría ( normativa antiga) e proclamándose Campión Galego da 5ª Categoría. No 2012 consiguiuse o ascenso a 2ª A, división de plata do tenis galego.

Cada ano polo inverno organizase un torneo ou liga social para configurar os equipos que van xogar en Interclubes.