Rematou o X OPEN HERMO, xuntando a centos de persoas que se achegaron ata as pistas do Clube de Tenis S. D. Muimenta pra disfrutar do bon tenis.

Durante estas dúas semanas puidese ver algunhas das mellores raquetas de toda Galicia, e algunhas das novas promesas que están a nacer na comarca chairega. Este ano o torneo acadou un bon número de participantes superando os 100 participantes distribuidos en 8 categorías, das que 4 eran federadas: senior masculino, senior feminino, cadete masculino e veteranos masculino junior. O resto das categorías eran de caracter social co fin de que a xente de aquí poida xogar o máximo posible. Na categoría senior masculino este ano ningún dos finalistas chegaron nunca a final en todos os Open (H)ermo que levamos feitos, o gañador foi Jose Mª Fantova Sicre,numero 199 do ranking español e campión galego en categorías inferiores, que se impuxo cun resultado de 6-3/6-4 a Pablo Mosquera Pérez, número 203 do ranking español. En senior feminino a 821 no ranking español, Davinia Graña Arraña acadou a victoria fronte María Sicre Romero. Mentras que en Veteranos +35 o campión foi Jose Mª Fantova Rodriguez, que se impuxo a Miguel Veiga. E por último en Cadete Masculino o gañador foi Iago Montero, pertencente ao Clube de Tenis S. D. Muimenta, que lle ganou na final a Francisco Castro.
Nas categorías sociais, o campión en benxamin mixto foi para Sergio e en infantil mixto para Jesús Bouza, duas grandes promesas que seguro que chegaran moi lonxe. En Senior Social o campión foi Alejandro Rey-Stolle, gañador por 3ª vez, que se impuxo nunha final moi apretada a 3 mangas a Jorge. E finalmente en Dobles Social Carlos Crecente e Iago Montero impuxeronse a Miguel Morán e José Morán.
Cadros:
Finalmente damoslle as gracias a todos os participantes e ao publico que veu disfrutar do mellor tenis, por asistir ao X Open Hermo. E sobre todo darlle as gracias ao noso máximo patrocinador a DISCOTECA (H)ERMO que dende xa hai 10 anos contribúe para que cada ano se xogue nas pistas da S. D. Muimenta este torneo. Non hai que esquecerse tamén de todos os colaboradores: Augas Aquabona, Carpintaría J. D. J. Paz, Supermercados Spar, Deputacion de Lugo, Concello de Cospeito e CaixaGalicia. Cabe destacar tamén os TROFEOS ARTESANAIS diseñados e creados por María Novo García que cada ano se lle entregan aos campións.

Moitos gracias pola vosa asistencia e ata o ano que ven.