Crónica - XI Open Hermo



















Durante estas dúas semanas puideronse ver algunhas das mellores raquetas de toda Galicia, e algunhas das novas promesas que están a nacer na comarca chairega. Este ano o torneo acadou un bon número de participantes superando os 110 participantes distribuidos en 10 categorías, das que 4 eran federadas: senior masculino, senior feminino, junior masculino e veteranos masculino junior. O resto das categorías eran de caracter social ou non federado.

En canto as categoráis federadas: na categoría senior masculino , o gañador foi Gonzalo García Cuenca ,numero 116 do ranking español e campión galego en categorías inferiores, que se impuxo por un resultado de 4-6/6-4/7-5 a Pablo Mosquera Pérez, número 179 do ranking español. En senior feminino a 168 no ranking español, Valeria Lopez Perez acadou a victoria fronte María Sicre Romero. Mentras que en veteranos junior o campión foi Sergio Gutierrez, que se impuxo ao lucense Jose A Carreira. E por último en Junior Masculino o gañador foi Iago Montero, pertencente ao Clube de Tenis Muimenta, que lle ganou na final ao tamen lucense Francisco Castro.
Nas categorías non federadas, na categoría dos máis pequeniños, o pre-benxamin mixto, o campión foi Darío Vila, quedando como finalistas Oscar Lozano e Rosalía Castro. Na categoría de benxamin mixto o campionato foi para Sergio Lozano ,pertencente ao Tenis Muimenta, que se impuxo a Pablo Deiros, duas grandes promesas que seguro que chegaran moi lonxe. Na categoría de Infantil Mixto o campión foi Jesús Bouza e o Subcampión Cristian Alvariño, socio tamen do Clube de Tenis Muimenta e no non federado mixto quedaron como subcampión e campión, Ramon Rguez. e Cristian Alvariño respectivamente.


En canto as categorías sociais (só podían participar socios do clube), en Senior Social o campión foi Raul Legaspi, que se impuxo nunha final moi apretada a Alvaro Feijoo. E finalmente en Dobles Social, Javier Morán e Cristian Alvariño impuxeronse a Oscar Chavarría e Victor Fdez.


CADROS


Finalmente damoslle as gracias a todos os participantes e ao publico que veu disfrutar do mellor tenis, por asistir ao XI Open Hermo. E sobre todo darlle as gracias ao noso máximo patrocinador a DISCOTECA (H)ERMO que dende xa hai 11 anos contribúe para que cada ano se xogue nas pistas da S. D. Muimenta este torneo. Non hai que esquecerse tamén de todos os colaboradores: Augas Aquabona, Carpintaría J. D. J. Paz, Supermercados Spar, Deputacion de Lugo, Concello de Cospeito e Novagalicia banco. Cabe destacar tamén os TROFEOS ARTESANAIS diseñados e creados por María Novo García que cada ano se lle entregan aos campións.